Luisa Sánchez anuncia os premiados de Vigo Histórico, un certame literario “coa mellor fonte de inspiración posible”
08/10/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este mércores os relatos que resultaron gañadores do primeiro e do segundo premio da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, que ten á cidade olívica como gran protagonista das obras que se presentan a concurso. ‘Solsticio’, de Iris Darriba Quesada, alzouse co principal galardón e ‘O derradeiro concerto’, de Eduardo J. Ares, foi recoñecido en segundo lugar.
O fallo, que inclúe catro accésit, deuse a coñecer na sede viguesa da institución provincial, que patrocina o certame. Luisa Sánchez felicitou aos autores premiados nesta cita literaria, que ten en Vigo “a mellor fonte de inspiración posible”. Este ano recibíronse 160 obras procedentes de diferentes partes do mundo.


