Luisa Sánchez valora o labor do Clúster da Saúde por situar a Galicia como un referente en investigación e innovación sanitaria

13/10/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, puxo en valor o labor desenvolvido polo Clúster da Saúde de Galicia para converter a Galicia nun territorio referente en investigación e innovación sanitaria. Así o salientou este luns no Pazo Provincial durante a presentación do décimo Forum RIES, que se desenvolverá os días 15 e 16 de outubro na illa da Toxa. Ademais, subliñou a importancia de que os avances científicos teñan “un impacto real na vida das persoas” e apuntou ao envellecemento da poboación, a transformación dixital, a biomedicina e a sustentabilidade como “grandes desafíos” da comunidade autónoma en materia de saúde pública e servizos sociais.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.