Luisa Sánchez felicita a Adrián Pereira, Sergio González e Sofía Pérez pola súa participación no Campionato de Seleccións Autonómicas de Basket 3x3

09/10/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, felicitou ao xogador Adrián Pereira (Novobasket Vigo), á xogadora Sofía Pérez (Porriño Baloncesto Base) e ao adestrador Sergio González (Seis do Nadal) pola súa participación no Campionato de Seleccións Autonómicas de Basket 3x3, que se disputou este verán en Melilla. Os tres foron recibidos na sede viguesa da institución provincial tras ser elixidos para representar a Galicia no devandito torneo. Adrián Pereira e Sergio González chegaron á final co combinado autonómico sub-15 e Sofía Pérez acadou un undécimo posto na categoría sub-13. Na recepción tamén estiveron presentes a directora de Deportes da Deputación, Xisela Aranda, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.