A Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas ata As Neves co espectáculo Parece que foi Schrödinger

A comedia de Juan Luis Lage chegará ao Auditorio José Gil da vila ás 19:30 horas. +Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

05/02/2026

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 8 de febreiro, ás 19:30 horas, ao concello das Neves o circuíto +Escénicas de man de Juan Luis Lage e a súa comedia “Parece que foi Schrödinger”. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

En “Parece que foi Schrödinger” Lage leva ao escenario un espectáculo cheo de humor no que cinco detectives son contratados para resolver un asasinato. A medida que avanza a historia, un deles descubre segredos inesperados que desafían á lóxica e a realidade ponse en dúbida. Nada é o que parece e ninguén está preparado para o desenlace final.

Co circuíto +Escénicas a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril do pasado ano e marzo deste 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.