En licitación a mellora da seguridade viaria na EP-2703 entre Pazos de Borbén e Ponteareas

A actuación ten un orzamento de case 800.000 euros e prevé a reposición do firme nun treito de 11,3 quilómetros que abrangue a maior parte do trazado da estrada. As empresas teñen ata o 12 de xullo para presentar as súas ofertas

03/07/2023

As obras de seguridade viaria na EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas xa están en licitación por case 800.000 euros (789.520€). Os traballos  desenvolveranse nun treito de 11,3 quilómetros dos 14,8 que ten esta estrada, ao seu paso por ambos concellos. Nesta actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra,  prevese abordar fundamentalmente a reposición do firme, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria. As empresas teñen ata o 12 de xullo para presentar as súas ofertas.

A reparación da estrada incluirá traballos de fresado e de reposición do firme, así como a mellora da drenaxe da calzada e a execución dunha cuneta tendida nun dos tramos, amais da instalación de sistemas de contención de vehículos (vallas de protección) para garantir a seguridade viaria. As obras completaranse coa renovación da sinalización horizontal.

Nesta estrada tense actuado xa mellorando a mobilidade peonil e reforzo do firme noutro tramo de máis de dous quilómetros, cun orzamento de 580.169€. Neste caso as obras incluíron accións de limpeza, roce e demolición e mellora da drenaxe. Tamén se realizaron movementos de terra e estruturas de contención necesarias para ampliar a sección así como a redistribución de espazos na calzada e a execución de disipadores de velocidade. Por último, creáronse espazos de convivencia e reinstaláronse os sinais do viario.

Noticias relacionadas

{"classPK":12339235,"groupId":"37861","name":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","alt":"Luis López comproba o remate dunha nova obra na EP-2703 ","title":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","type":"document","uuid":"620d79d7-5452-0c02-2488-766233720cf9","fileEntryId":"12339235","resourcePrimKey":"12339317"}

Luis López comproba o remate dunha nova obra na EP-2703 para mellorar a seguridade que conecta Ponteareas e Pazos de Borbén tras 710.000€ de investimento

  06/03/2025

{"classPK":12339235,"groupId":"37861","name":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","alt":"Luis López comproba o remate dunha nova obra na EP-2703 ","title":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","type":"document","uuid":"620d79d7-5452-0c02-2488-766233720cf9","fileEntryId":"12339235","resourcePrimKey":"12339317"}

A Deputación aborda a mellora da seguridade viaria na ep-2703 entre Pazos de Borbén e Ponteareas

  18/06/2023

{"classPK":12339235,"groupId":"37861","name":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","alt":"Luis López comproba o remate dunha nova obra na EP-2703 ","title":"20250306_LuisLopez_EP2703PazosPonteareas_RafaEstevez_01.jpg","type":"document","uuid":"620d79d7-5452-0c02-2488-766233720cf9","fileEntryId":"12339235","resourcePrimKey":"12339317"}

A Deputación mobiliza preto de 10 millóns en novos recursos aos concellos, infraestruturas, cohesión social e fondos europeos

  10/03/2023

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.