O Museo abre a temporada de visitas ás Ruínas de San Domingos o vindeiro martes día 15

As instalacións estarán abertas ata o 31 de outubro e haberá itinerarios guiados todos os xoves ás 12 horas

11/03/2022

Ruínas de San Domingos

O Museo de Pontevedra vai abrir a temporada de visitas ás Ruínas de San Domingos o vindeiro martes día 15. As instalacións permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro e poranse a disposición das persoas interesadas visitas guiadas cada xoves ás 12 do mediodía.

O horario de visita será de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19.30 horas polas tardes de martes a sábados, e de 11 a 14 horas os domingos, estando pechadas os luns como todos os edificios do Museo. A  diferenza do ano pasado durante a pandemia, a entrada será libre (sen restricións de capacidade salvo por cuestións de seguridade) e sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada.

Para mellorar a experiencia da visita ás Ruínas agárdase que nos vindeiros meses poida estar dispoñible o audiovisual 3D hiperrealista sobre a construción. A peza visua, a través da lectura dun código QR, pretende facilitar a comprensión da construción, da súa historia e da súa transformación ao longo dos séculos, xa que se trata do inmoble máis antigo dos que conforman o conxunto do Museo de Pontevedra pero é pouco coñecido en canto ás súas características e á súa historia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.