O Museo participa en Puente Viesgo nunha xornadas sobre como xestionar e divulgar arte rupestre no terceiro milenio

O director Xosé Manuel Rey avogou por rachar tópicos e incorporar a perspectiva de xénero ao falar das persoas creadoras da primeira arte da Humanidade

10/02/2022

Kickboxing ABP Sport

O Museo de Pontevedra está a participar estes días no seminario internacional ‘Amosar Arte Rupestre nos inicios do terceiro milenio: novas perspectivas para a xestión cultural e turísticas dos destinos rupestres declarados Patrimonio Mundial en España’, que se está a celebrar desde o luns en Puente Viesgo (Cantabria).

O director Xosé Manuel Rey interveu esta mañá no seminario co relatorio ‘A construción do relato nos grandes sitios rupestres: bases para comunicar de maneira suxestiva a primeira arte da Humanidade’. Na súa exposición explicou que é preciso presentar a arte rupestre ao público dende unha perspectiva multifocal na que son fundamentais as ideas, as emocións e as experiencias.

Subliñou que para a mediación co público de calquera enclave rupestre son fundamentais  varios elementos como as exposicións, as visitas guiadas, os obradoiros e o material para facer a visita de maneira autónoma. En canto ás exposicións indicou que se trata dos espazos principais de comunicación coa cidadanía nos que é preciso poñer faciana ás mulleres e homes que crearon a arte rupestre “rompendo tópicos e incorporando a perspectiva de xénero” no relato.

A delegación pontevedresa, ademais de  polo responsable da institución Xosé Manuel Rey, que asiste como relator, estivo formada tamén polo arqueólogo Óscar Barros, que forma parte do equipo do departamento de Educación do Museo.

Entre outras, participan nas xornadas de lado dos representantes provinciais, persoas da Universidade Europea de Canarias, da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, do Museo e parque da Cova Pintada de Gáldar (Gran Canaria), do Servizo de Museos e Exposicións da Xunta de Castela A  Mancha, o MUPAC, a Sociedade Pública de Xestión e Promoción Turística e Cultura de Asturias, a Comunidade Valenciana, ou a Universidade de Valladolid e Huelva.

Entre os obxectivos do congreso, de feito, estaba reunir aos profesionais de salvagarda e a mediación cultural dos sitios de Arte Rupestre das áreas declaradas Patrimonio Mundial e ofrecerlles a posibilidade de compartir as súas problemáticas e experiencias na correcta xestión dos lugares con arte rupestre abertos ao gran público, contrastando e intercambiando información experta con profesionais de recoñecido, a nivel internacional.

Hai que lembrar que o Museo de Pontevedra está a consolidarse como un lugar de referencia dentro da Arte Rupestre. Dende hai dous anos forma parte ado do Itinerario Cultural do Consello de Europa ‘Camiños de Arte Rupestre Prehistórica’ (CARP), a maior rede internacional para a cooperación en torno á arte dos primeiros europeos, que reúne nestes momentos máis de 150 dos principais destinos de arte rupestre abertos ao público en España, Portugal, Italia, Francia, Irlanda, Acerbaixán e Xeorxia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.