O Pazo Provincial recibe o Club Waterpolo Pontevedra para celebrar o seu ascenso a Primeira Nacional Feminina

31/05/2022

Waterpolo pontevedra

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu no Pazo Provincial ao Club Waterpolo Pontevedra para festexar o seu ascenso a Primeira División Nacional Feminina. Cualificouno de “fito histórico” xa que é a primeira vez que un club galego desta especialidade deportiva acada este categoría. Amais, remarcou que as institución teñen a obriga de dar visibilidade aos deportes “minoritarios” e de por en valor todo o traballo que fan. Dende a Deputación traballase para  por o foco no deporte feminino e “as que mellor  o conseguen son as nosas deportistas”. Neste senso, lembro que a Deputación xa igualou as subvencións entre equipos femininos e masculinos.

Irene Teijeira, a capitana do equipo, recorda que afrontaban o ascenso con moitos nervios pero que grazas ao apoio da afección e á ilusión por acadar este fito desfrutaron de cada minuto do encontro. Dende a directiva do club, o seu presidente, Jose Ángel Tellería, quixo agradecer o apoio da Deputación para poñer en valor o éxito acadado polas rapazas xunto coas integrantes do Club Waterpolo Pabellón de Ourense, xa que todas conforman un equipo. O obxectivo para a próxima temporada é consolidar o proxecto para que non sexa unha viaxe “de ida e volta” e que “levarán con moito gusto” o nome da provincia de Pontevedra por toda España.