O pleno da Deputación aproba unha modificación de crédito de case 1,4 M€ para a eficiencia enerxética e para reforzar o investimento en cultura, turismo e deporte

A Corporación provincial gardou un minuto de silencio en repulsa polo asasinato dunha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Porriño

31/07/2025

Pleno da deputación

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na sesión plenaria ordinaria de xullo unha modificación de crédito de preto de 1,4 millóns de euros para financiar proxectos de eficiencia enerxética, así como actuacións nos eidos da cultura, o deporte ou o turismo. Co voto favorable dos deputados do grupo popular, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE, déuselle luz verde a estes novos investimentos, que repercutirán en cuestións como os cinco proxectos postos en marcha baixo o paraugas de +Renovables (934.000 €), a adquisición de bens e servizos en campionatos ou eventos deportivos (100.000 €), melloras no Centro Príncipe Felipe (73.000 €), entre outras cuestións que inclúen axudas a diversas actividades culturais e deportivas que teñen lugar na provincia, así como a promoción dos viños da D.O. Rías Baixas no marco da Festa do Albariño de Cambados. O pleno comezou cun minuto de silencio en repulsa ao asasinato dunha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño.

O pleno tamén deu luz verde a cuestións relativas á mellora das infraestruturas de titularidade provincial. En primeiro lugar, o proxecto inicial para actuar na estrada provincial EP-2203 Baredo- E.P. Baiona-Loureza, desde o punto quilométrico 1+660 e o 2+550, en Baiona, co que se mellorará a funcionalidade e seguridade da vía a través cun convenio dotado de preto dun millón de euros. Ademais, o proxecto construtivo de obras de mellora da mobilidade peonil na EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada Rodo-Brántega, en Lalín, dotado de máis de 600.000 euros. Ambos os dous foron aprobados por unanimidade. Tamén no apartado de colaboración cos concellos, o pleno deu visto bo á aprobación inicial da Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos da provincia de Pontevedra (OTAC), un servizo pioneiro en Galicia que prestará servizos de ciberseguridade aos pequenos concellos. A OTAC obtivo os votos favorables do PP e o BNG e a abstención do PSOE.

Outros acordos destacados, aprobados todos eles por unanimidade, foron os proxectos técnicos reformulados ou modificados presentados por varios concellos ao abeiro do programa PON 2030 e o Plan Extra. No PON2030, o de mellora na Escola Infantil 0-3 de Mosteiro (Meis), o de rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e outros equipamentos (Tomiño) e o do campo de fútbol e zona de deporte na Lagoa (Mondariz). Pola outra banda, no Plan Extra, o de recuperación para uso peonil da contorna da ermida de San Roque en Cabreira (Salvaterra de Miño), o de execución do novo parque Urbano Lugrís (Bueu) e o da área deportiva do talaso do Terrón (Vilanova de Arousa).

Do mesmo xeito, o pleno provincial aprobou a adquisición dun dereito de uso sobre a parcela de 109.606 m2 que ocupa o Centro Príncipe Felipe por tempo indefinido mediante o pagamento dun canon anual, que saíu adiante por unanimidade. Tamén se debateu a proposta da presidencia para que a Deputación forme parte do Padroado da Fundación Galicia Europa, unha entidade que ten como obxectivo o fortalecemento da súa economía social e produtiva e a promoción de accións para achegala á realidade europea. Esta cuestión foi aprobada cos votos favorables do PP e o BNG e a abstención do PSOE, e a primeira cota anual, por importe de 15.000 euros, incluíuse xa na modificación de crédito aprobada neste pleno. Ademais, aprobáronse por unanimidade cuestións relativas aos servizos de telecomunicacións, seguridade e vixilancia dos centros da Deputación e a prórroga do convenio con Correos para facilitar o ingreso de débedas tributarias e outras de dereito público no marco do ORAL.

Dragaxe do Lérez

No apartado de mocións, o grupo maioritario popular presentou unha proposta para instar o Goberno central a que desbloquee a dragaxe do río Lérez, unha das principais reivindicacións da cidadanía de Pontevedra desde hai décadas. O voceiro popular, Jorge Cubela, lembrou que a actuación se atopa bloqueada desde 2021 polo Ministerio de Transición Ecolóxica, malia os 3 millóns de euros que ten consignados a Xunta de Galicia á espera de que o goberno central determine o punto de depósito dos áridos, e mesmo contradicíndose con informes elaborados polo seu propio persoal para non autorizar o vertido. O debateu saldouse co voto favorable do grupo popular e os votos en contra de socialistas e nacionalistas e, polo tanto, foi aprobado reclamando ao Ministerio tres cuestións: explicacións por esas contradicións, que informe de se teñen un novo punto de verteduras e, en caso contrario, a autorización.

Tamén se debateron dúas propostas do grupo socialista, unha para instar a Deputación a que esixa á Xunta de Galicia a mellora do transporte interurbano e metropolitano na provincia, e outra para esixir unha programación cultural con motivo do 150 aniversario do nacemento de María Vinyals. Estas dúas cuestións foron rexeitadas cos votos a favor de socialistas e nacionalistas e en contra do grupo maioritario popular.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":13901344,"groupId":"37861","name":"20251031_pleno_rafaestevez_05.jpg","alt":"Pleno da deputación","title":"20251031_pleno_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"1a4da6bb-01ad-2a62-b37f-94196e8bf349","fileEntryId":"13901344","resourcePrimKey":"13901382"}

O Pleno aproba unha modificación de crédito de 10,3M€ para mellorar a eficiencia enerxética en Príncipe Felipe seguir avanzando na seguridade das estradas provinciais

  31/10/2025

{"classPK":13647264,"groupId":"37861","name":"20250930_pleno_rafaestevez_10.jpg","alt":"Pleno da deputación","title":"20250930_pleno_rafaestevez_10.jpg","type":"document","uuid":"dadd4aeb-bb3c-00da-d2f9-65793f503321","fileEntryId":"13647264","resourcePrimKey":"13647370"}

O Pleno aproba a modificación de crédito que financiará o novo Plan EXTRA e o de infraestruturas deportivas para os concellos e unha amortización de 19,5 M€ que deixará a Deputación con débeda cero

  30/09/2025

{"classPK":13570227,"groupId":"37861","name":"202509_LuisLopez_PlansCooperacion2026_128M_Restevez-1.jpeg","alt":"Luis López presenta plans de investimentos","title":"202509_LuisLopez_PlansCooperacion2026_128M_Restevez-1.jpeg","type":"document","uuid":"ffeb2561-c067-d5cc-15ac-7b21ab77d8b1","fileEntryId":"13570227","resourcePrimKey":"13570270"}

Luis López presenta plans de investimentos por 128 M€ para o vindeiro ano: “Nunca antes e dunha soa vez, a Deputación activou tantos recursos para os concellos ”

  15/09/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.