A Deputación mobiliza esta semana 31 colectivos sociais de 19 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

As entidades comezan obradoiros de arte floral, teatro, conservación de alimentos, pilates, ximnasia, risoterapia, ioga, musicoterapia ou, entre outros, artesanía en coiro

12/09/2026

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana as accións formativas da actual edición do programa provincial +Xuntas, unha iniciativa que destina preto de 700.000 euros ao tecido asociativo para apoiar o desenvolvemento das mulleres e crear redes de apoio onde poden compartir experiencias e estreitar os seus vínculos. Esta semana, entre o 14 e 18 de setembro, 430 mulleres dun total de 31 entidades de Arbo, Bueu, Cangas de Morrazo, Catoira, Cerdedo Cotobade, A Estrada, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moraña, Mos, O Campo Lameiro, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda e Vigo comezan novas accións de +Xuntas.

Este luns 14 de setembro a Asociación de Veciños San Antonio (Arbo) inicia un curso de arte floral, a AMMRR Mar e Agro (Bueu) un de teatro, a Asociación de Veciños San Amaro de Menduiña (Cangas de Morrazo) un de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade A Lama Ponte Caldelas (Cerdedo Cotobade) un de risoterapia, a Asociación Veciñal de Corrigatos (Moraña) un de taichí e a Asociación Veciñal de Praderrei (O Campo Lameiro) e a Asociación Mulleres Rurais A Chanciña (O Campo Lameiro comeza o de pilates.

Xa o martes 15 será a quenda da Asociación Amas de Casa Muíños do Vento (Catoira) co curso de pilates, da Asociación Feministas de Catoira co de ximnasia hipopresiva, da Asociación para o Esparcemento e Desenrolo das Mulleres Rurais de Matalobos (A Estrada) co de pilates, da Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos (Lalín) co de artesanía en coiro, da Asociación Cultural Deportiva Cidadelle (Redondela) co de xardinería e da Asociación Mulleres Pedra da Vella (Vigo) co de arte floral.

O mércores 16 de setembro a Asociación de Veciños de Gandón (Cangas de Morrazo) comeza o curso de iniciación ao patchwork, a Asociación de Veciños Penelas de Augasantas (Cerdedo Cotobade) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, a Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Cora (A Estrada) de ioga, a Asociación de Mulleres Rurais Caselas (Salceda de Caselas) o de socializando coas redes: Facebook, Instagram, blogs, etc., a Asociación de Veciños O Outeiro de Tabeirós (A Estrada) o de musicoterapia, a Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados (A Estrada) o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos e a Asociación Mulleres Rurais Nogueira (Meis) o de risoterapia.

O xoves 17 a Asociación de Veciños San Estaban de Oca (A Estrada) dan inicio ao obradoiro de plantas medicinais, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio (Lalín) ao de alfabetización dixital II, a Asociación de Mulleres O Abeiro (Marín), ao de arte floral e a Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo) ao de risoterapia.

Por último, o venres 18 de setembro a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Cangas de Morrazo) comezan o curso de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, a Asociación de Mulleres Rurais San Vicente de Paul (A Illa de Arousa) o de xardinería, a Fundación Pazo de Mos (Mos) tamén o de xardinería, a Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Marcón (Pontevedra) o de arte floral, a Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido (Salvaterra de Miño) o obradoiro de plantas medicinais, a Asociación A Costa (Silleda) tamén o de plantas medicinais e a Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores (Vigo) o de pilates.

A Deputación de Pontevedra dedica un investimento de preto de 700.000 euros para o desenvolvemento do programa durante os anos 2026 e 2027, organizando cada ano máis de 200 obradoiros para entidades sen fins de lucro da provincia que apoien o desenvolvemento das mulleres. Este ano terán lugar un total de 207 accións para colectivos de 53 concellos dentro de catro categorías: +Tecnoloxía, +Creatividade, +Natura e +Saúde. Cada formación ten unha duración de 35 horas e incluirá un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.