A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

Esta liña de axudas da Deputación de Pontevedra ten aberto prazo de solicitude ata o 11 de maio e ten por obxectivos mellorar a accesibilidade desde unha perspectiva integral

28/04/2026

A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

O deputado provincial Jorge Cubela acaba de visitar o centro de día da Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea), na Estrada, onde puxo en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 vai repartir 210.000 € entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

O deputado provincial aproveitou a visita para facerlles entrega da placa que distingue á asociación como beneficiaria da última edición de Provincia +Inclusiva. No marco desta liña de axudas, a entidade recibiu preto de 6.000 € para financiar novos dispositivos tecnolóxicos e material de rehabilitación e fisioterapia empregados nas actividades realizadas no exterior que fagan sentirse seguras e cómodas ás persoas usuarias. Os novos dispositivos inclúen reloxos localizadores, coxíns de aire e lumbares, camiñadores ou, entre outros, cadeiras de rodas.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal. As asociacións poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros e o prazo de solicitude das axudas permanece aberto ata o 11 de maio.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":15275129,"groupId":"37861","name":"20260427_javier_touris_bata_provincia_inclusiva.jpg","alt":"A Deputación visita a Asociación Autismo Bata e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260427_javier_touris_bata_provincia_inclusiva.jpg","type":"document","uuid":"82198150-8c45-e373-b08f-c1029fc9e9d0","fileEntryId":"15275129","resourcePrimKey":"15275161"}

A Deputación visita a Asociación Autismo Bata e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  27/04/2026

{"classPK":15174946,"groupId":"37861","name":"20260414_rafa_dominguez_visita_amencer1.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260414_rafa_dominguez_visita_amencer1.jpg","type":"document","uuid":"6a725a9d-e87c-793e-e581-4b8097de7712","fileEntryId":"15174946","resourcePrimKey":"15175022"}

Rafa Domínguez visita Amencer e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  14/04/2026

{"classPK":15134379,"groupId":"37861","name":"20260409_luislopez_fundacionlar_restevez_01.jpg","alt":"LUIS LOPEZ VISITA FUNDACION LAR VILAGARCIA TERCEIRA CONVOCATORIA PROVINCIA INCLUSIVA","title":"20260409_luislopez_fundacionlar_restevez_01.jpg","type":"document","uuid":"b88d1ed7-cc61-a584-802b-8627a6eec363","fileEntryId":"15134379","resourcePrimKey":"15134395"}

Luis López anuncia unha nova orde de axudas de 210.000€ para que entidades de benestar social realicen proxectos de accesibilidade, mobilidade ou atención persoal

  09/04/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.