#BENESTAR SOCIAL

PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha neste 2026 a terceira edición do programa “Provincia +inclusiva”, a través do cal se convoca unha liña de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a promoción da accesibilidade universal.


A quen vai dirixido?

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen fins de lucro situadas en calquera municipio da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Que gastos son subvencionables e cal é o financiamento?

Serán subvencionables as seguintes actuacións:

  • Execución de obras de mellora da accesibilidade nas instalacións das entidades solicitantes.
  • Redacción da memoria técnica do proxecto, en caso de ser indispensable desde o punto de vista legal para executar a obra.
  • Adquisición de sistemas de comunicación que permitan a accesibilidade e a inclusión das persoas beneficiarias nas actividades da vida diaria.
  • Adquisición de axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e co coidado persoal.

Cada solicitude poderá conter un ou varios dos gastos subvencionables dos descritos anteriormente.

O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento nin da cantidade de dez mil euros (10.000 €).

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de datos Nacional de Subvencións.

Vídeo promocional

Novas relacionadas

{"classPK":15390146,"groupId":"37861","name":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","alt":"A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260507_paulabouzos_inclusiva1.jpg","type":"document","uuid":"ef8cef95-1b8a-8ce1-e672-e402214ebd8d","fileEntryId":"15390146","resourcePrimKey":"15390184"}

A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  07/05/2026

{"classPK":15330874,"groupId":"37861","name":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","alt":"Paula Bouzós","title":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","type":"document","uuid":"3a3e736f-65d7-3e52-7873-2e9419690d3c","fileEntryId":"15330874","resourcePrimKey":"15330889"}

A Deputación visita a Asociación Avelaíña e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  05/05/2026

{"classPK":8241977,"groupId":"37861","name":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","alt":"imaxe do programa provincia inclusiva","title":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","type":"document","uuid":"af0dd051-62eb-b8ae-c7e7-4d9abe455ae0","fileEntryId":"8241977","resourcePrimKey":"15300061"}

A Deputación ultima o prazo para solicitar os 210.000 euros de axudas do plan Pontevedra, Provincia +Inclusiva para fomentar a accesibilidade universal

  03/05/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 17 resultados.