Rafa Domínguez presenta o inicio da Liga Nacional da Real Federación Española de Karate nas categorías cadete e sénior, que acollerá Pontevedra esta fin de semana

25/09/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de presentación do inicio da Liga Nacional da Real Federación Española de Karate nas categorías cadete e sénior, que acollerá Pontevedra esta fin de semana. Na proba, os deportistas participantes de toda España, loitarán por estar entre os primeiros postos e clasificarse para a final da Liga Nacional de Karate en Tenerife.

“Na Deputación de Pontevedra estamos moi felices de apoiar eventos como este, que sitúan a provincia no foco e no máis alto nivel do karate”, remarcou Rafa Domínguez quen engadiu que a proba é “unha oportunidade única para dar visibilidade ao noso territorio e poñer en valor, unha vez máis, que esta é a provincia do deporte”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.