Rafa Domínguez participa na presentación do II Memorial Maite Méndez e pon en valor “o papel desta grandísima muller para o deporte e para a cidade de Pontevedra”
25/09/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de presentación do II Memorial Maite Méndez onde rendeu homenaxe a “esta grandísima muller, referente para o deporte, para o deporte feminino, para o baloncesto e para a cidade de Pontevedra”. Domínguez subliñou que o memorial permitirá poñer en valor “o legado de Maite Méndez, para que permaneza, como estamos a ver hoxe e veremos estes días, vivo entre todas e todos nós” e tamén vivir “unha gran festa do baloncesto que porá en valor que somos a provincia do deporte”.
O vicepresidente provincial recordou a vontade do goberno provincial de converter Pontevedra “no gran estadio deportivo do mundo” e subliñou o “poder do deporte como hábito saudable e como elemento de cohesión, que constrúe sociedades cheas de valores positivos”.


