A Deputación aproba o expediente para a contratación do novo produto de realidade virtual e museo ao aire libre da festa do Corpus Christi de Ponteareas

A institución provincial porá en valor esta Festa de Interese Turístico Internacional para seguir promovendo un crecemento equilibrado e sostible do turismo en Pontevedra

04/07/2025

Xunta de goberno

A Xunta de Goberno Deputación de Pontevedra aprobou este venres o expediente de contratación para levar a cabo un produto de realidade virtual e un museo ao aire libre arredor da festa do Corpus Christi de Ponteareas. Dotado de preto de 170.000 euros, trátase dunha iniciativa que “busca promover o crecemento equilibrado e sostible do turismo da provincia, impulsando a modernización e a dixitalización dun sector de gran relevancia para a economía pontevedresa”, salientou Luis López.

O presidente da Deputación lembrou que fai unhas semanas a Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio con Ponteareas para a posta en marcha desta acción, polo que “seguimos dando pasos para que por fin a cidadanía poida gozar canto antes desta pioneira ferramenta dixital arredor deste grande acontecemento”, salientou López, que tamén lembrou que o proxecto está enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística do Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, dotado de 1,5 millóns de euros e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea.

Esta iniciativa consistirá na implantación e mantemento dunha plataforma museográfica virtual para poñer en valor como recurso turístico a festa do Corpus Christi de Ponteareas, e completarase coa creación e instalación de elementos para a divulgación e interpretación da festa, declarada de Interese Turístico Internacional. O proxecto permitirá reforzar a interpretación do Corpus Christi, apoiar e poñer en valor o oficio das persoas alfombristas realizando un traballo de documentación e inventario fotográfico das alfombras florais e do seu proceso de creación, ademais de impulsar a desestacionalización da demanda turística e o incremento da sostibilidade do destino.

Crearase un portal web que permitirá amosar a historia e orixe da festa, con experiencias a través dun percorrido polas rúas de Ponteareas que amosará as alfombras e os traballos previos para a súa confección. Tamén se dixitalizarán, xerarán e incorporarán contidos audiovisuais relacionados co Corpus Christi e se instalarán tótems interactivos no percorrido no que habitualmente se sitúan as alfombras para poder coñecer estes elementos en calquera momento do ano.

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos ten como finalidade promover o crecemento equilibrado e impulsar a renovación do sector turístico da comarca e orientalo na dinámica do turismo sostible, mellorando tamén a calidade de vida na contorna. A idea é situar as persoas no centro da estratexia, potenciando a xeración de oportunidades e a participación cidadá e dos visitantes no desenvolvemento dun novo modelo turístico.

Noticias relacionadas

{"classPK":14658299,"groupId":"37861","name":"20260219_ponteareas_rafaestevez_10.jpg","alt":"Luis López convenio Corpus Ponteareas turismo condado","title":"20260219_ponteareas_rafaestevez_10.jpg","type":"document","uuid":"94a62449-aeb1-d785-20db-6f9cf92a39e9","fileEntryId":"14658299","resourcePrimKey":"14658322"}

Luis López asina o financiamento dun museo ao aire libre e dun produto virtual sobre o Corpus de Ponteareas para desfrutar deste atractivo turístico durante todo o ano

  19/02/2026

{"classPK":14286023,"groupId":"37861","name":"20251226_RP-DEPO_13.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20251226_RP-DEPO_13.jpg","type":"document","uuid":"d063e6c6-cb6f-117b-c7b5-02f85bc123b3","fileEntryId":"14286023","resourcePrimKey":"14286185"}

A Deputación de Pontevedra adxudica por 155.000 euros o novo museo ao aire libre do Corpus Christi de Ponteareas

  26/12/2025

{"classPK":13110815,"groupId":"37861","name":"20250708_LuisLopez_ConvenioConselleriaMar_MartaVillaverde_REstevez-1.jpg","alt":"Luis López acompañado polo deputado Marcos Guisasola, asina un acordo coa conselleira do Mar, Marta Villaverde","title":"20250708_LuisLopez_ConvenioConselleriaMar_MartaVillaverde_REstevez-1.jpg","type":"document","uuid":"7b217e96-56f9-17e0-ed04-de49ebd22612","fileEntryId":"13110815","resourcePrimKey":"13110889"}

Luis López reforza o compromiso da Deputación co sector do mar e coa mocidade cun convenio para que estudantes do IGAFA se especialicen en acuicultura no estranxeiro

  08/07/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.