A deputada provincial Isabel Couselo asiste en Ribadumia a unha nova actividade do programa da Deputación “Mulleres en acción. Violencia zero”

02/11/2023

A deputada provincial Isabel Couselo asistiu a unha nova acción do programa da Deputación “Mulleres en acción. Violencia zero”, protagonizada polas contadoras Vero Rilo e Carmen Conde, que se desenvolveu no CPI Julia Becerra Malvar en Ribadumia. Nesta peza, as artistas exploraron os camiños da narración oral desde unha perspectiva feminista ante o alumnado de 3.º e 4.º da ESO.

A deputada amosou o compromiso da institución provincial coa igualdade, “que ten que ser unha realidade e é un obxectivo prioritario”. Tamén sinalou que “imos encamiñar os nosos esforzos para que esta provincia vaia a máis en canto á igualdade, que sexa un exemplo e unha referencia. E daremos pasos cara adiante, esforzándonos para conseguir esa igualdade efectiva de maneira real, porque sabemos que é fundamental para construír máis provincia”. Neste aspecto, a deputada convidou o alumnado a sumarse “como axentes implicados” neste obxectivo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.