Luis López anuncia a aprobación dos primeiros recursos do IV Plan de Infraestruturas Deportivas, con 180.000 euros para Sanxenxo

“Comezamos coa repartición dos 8 millóns de euros deste plan, que aínda ten o prazo para solicitar achegas ata o vindeiro 17 de decembro”, lembrou o presidente

23/10/2026

Luis López anuncia a aprobación dos primeiros recursos do IV Plan de Infraestruturas Deportivas, con 180.000 euros para Sanxenxo

Luis López anunciou hoxe en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar os primeiros recursos do IV Plan de Infraestruturas Deportivas, con preto de 180.000 € para substituír o peche perimetral do campo de fútbol do Revel, en Vilalonga. “Comezamos coa repartición dos 8 millóns de euros deste plan, que aínda ten o prazo para solicitar achegas ata o vindeiro 17 de decembro”, lembrou o presidente

O proxecto contempla a renovación do peche perimetral exterior do campo de fútbol, situado nunha parcela cunha superficie aproximada de 19.171 m², dos cales uns 9.840 m² corresponden ao campo. A actuación ten como obxectivo mellorar o estado de conservación, a seguridade e a funcionalidade do recinto deportivo.

As obras inclúen a retirada do peche existente e a instalación dun novo cerramento, combinando un muro de formigón con metal estendido e perfís de aceiro galvanizado en determinadas zonas, e malla ondulada no resto do perímetro. Así mesmo, substituiranse os postes de suxeición da rede de protección que se atopan deteriorados e renovarase o portal de entrada por outro de metal estendido.

audios