OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E ESCRITA
“O BOSQUE DOS CONTOS”
Obradoiro de Colaxe con Diego Estebo
Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h
Actividade
Obradoiro de Colaxe
Utilizando cartolinas de cores, tesoiras e pegamento, as e os participantes elaborarán colaxes cunha temática común: os personaxes. Reais ou ficticios, existentes ou inventados no momento, centrarase a atención en plasmar as súas características físicas e estados de ánimo.
- Actividade pensada para rapazas e rapaces de entre 5 e 10 anos.
- Número máximo de participantes: 20
- Duración: 50 minutos
- Idades: de 5 a 10 anos
- Día: sábado 15 de novembro
- Hora: 18 h
Ilustrador
Diego Estebo
Diego Estebo é un ilustrador e deseñador gráfico que reside en Pontevedra.
O seu traballo é diverso e foi exhibido en exposicións individuais e grupais a través de España, Portugal, Italia, India, Bolivia e Arxentina. Colabora con editoras como Pow! Kids Books, Xerais, Nórdica, Galaxia, e RAUM Italic, entre outras.