OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E ESCRITA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Os Carapizza. Obradoiro de Retrato con Iván R.

Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Actividade

Os Carapizza. Obradoiro de Retrato

Obxectivo:

Reconstruír os retratos perdidos da excéntrica familia Carapizza, creando caras únicas e divertidas usando "ingredientes" que atoparán nas mesas da sala. Cada retrato irá nun marco barroco na parede, devolvendo vida ao pazo deshabitado.

Esta actividade promove a acción artística e simbólica desde múltiples dimensións. As e os nenos interveñen nun espazo baleiro, devolvéndolle vida a través da creación de retratos que reconstrúen unha historia colectiva.

A acción maniféstase na execución plástica, na toma de decisións creativas, na construción de identidades a partir das cartelas e tamén na presentación oral final que engade unha capa performativa.

  • Número máximo de participantes: 20
  • Duración: 50 minutos
  • Idades: de 5 a 10 anos
  • Día: sábado 20 de decembro
  • Hora: 18 h

Ilustrador

Iván R.

https://ivanr.net

Iván R. vive en Vigo. Logo de traballar como ilustrador para cine, prensa, televisión, publicidade e teatro, levou a comunicación e deseño na Fundación Fabrics for Freedom de Sybilla, e deu clases de ilustración e deseño nunha escola de moda da cidade de Vigo e no IED de Madrid.

Na actualidade dedícase ao mundo da edición e á dirección de arte, tarefas que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os títulos que ilustrou están Etiqueta para todos (2009), Estamos no verán (2014), Teatro de guiñol (2016), Cociñando con bolboretas no bandullo (2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020), Darío a diario (2021), O neno de lume (2022) ou Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (2022). Edita e ilustra a colección Os meus Amigos: Gloria (2023), Federico (2023) e ilustrou a serie de banda deseñada Miñoca (2021-2024). En 2022 creou Os Winkle. Máis finos ca un allo, o seu primeiro traballo escrito e ilustrado. O último traballo no que colaborou vai da man de Ledicia Costas: Porquelandia o primeiro xogo de cartas para fomentar a creatividade feito en galego.