A Deputación gaña a prata no 2025 US International Awards de Los Ángeles coa campaña Cando volves?, sumando o terceiro premio internacional deste ano

A campaña turística da provincia de Pontevedra acadou un novo recoñecemento internacional que se suma aos xa recibidos no International Tourism Film Festival Africa e no Japan World´s Tourism Film Festival

26/06/2025

A Deputación de Pontevedra acaba de gañar un novo galardón internacional polo audiovisual da campaña Cando volves? estreada a comezos de ano e por vez primeira en Pontevedra e presentada internacionalmente na feira FITUR de Madrid. Neste caso trátase da prata no US International Awards de Los Ángeles, California, Estados Unidos de América, e súmase á tamén prata alcanzada no International Tourism Festival Africa e ao galardón de ouro obtido no Japan World´s Tourism Film Festival.

A institución provincial logrou posicionar en Los Ángeles o seu vídeo Cando volves? como un dos mellores audiovisuais de turismo do mundo, competindo con destinos como Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Austria, Filipinas, Suíza, Croacia, Xapón ou Hungría. O US International Awards celébrase desde 1967 e enmárcase no Comité Internacional de Festivais de Cine Turístico (CIFFT), que reúne aos festivais máis destacados do mundo dedicados ao cinema turístico.

Cando volves? é unha peza audiovisual na que os lugares do interior da provincia teñen todo o protagonismo, dentro dunha campaña onde tamén se fala da hospitalidade e o carácter acolledor da xente da provincia. A Deputación escolleu este ano o interior de Pontevedra debido a que queda moito da provincia por descubrir, para así convidar a xente a achegarse en diferentes ocasións ao longo de todo o ano, tendo tamén en conta que a desestacionalización é un dos obxectivos principais do goberno da Deputación no marco da súa estratexia turística.

videos

Noticias relacionadas

{"classPK":14413907,"groupId":"37861","name":"20250115_LuisLopez_PresentacionTurismoRiasBaixas_MetaDestino__REstevez_02.jpeg","alt":"Presentación da campaña de promoción turística \u201cA túa meta, o teu destino\u201d","title":"20250115_LuisLopez_PresentacionTurismoRiasBaixas_MetaDestino__REstevez_02.jpeg","type":"document","uuid":"72d4924d-aff4-fd87-6743-6eb324e03f90","fileEntryId":"14413907","resourcePrimKey":"14413997"}

Luis López desvela a provincia do deporte como o eixo central da campaña de promoción das Rías Baixas, un destino para “conectar, desconectar e reconectar”

  15/01/2026

{"classPK":13623144,"groupId":"37861","name":"20250926_luis-lopez-cannes.jpeg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López na cidade francesa de Cannes","title":"20250926_luis-lopez-cannes.jpeg","type":"document","uuid":"ff80b591-6027-105d-fb7f-6bc806797bfe","fileEntryId":"13623144","resourcePrimKey":"13623190"}

Luis López recolle en Cannes o premio Delfín de Prata co que a campaña de promoción turística das Rías Baixas “Cando Volves?" suma a quinta distinción internacional

  26/09/2025

{"classPK":13589663,"groupId":"37861","name":"20250918_XG_luislopez_slorenzo_16.jpg","alt":"Luis López","title":"20250918_XG_luislopez_slorenzo_16.jpg","type":"document","uuid":"4a7d9a17-998f-975b-40ef-8286b3f6e5cf","fileEntryId":"13589663","resourcePrimKey":"13589675"}

A Deputación avanza no posicionamento internacional de Rías Baixas en Cannes e suma un novo galardón pola campaña Cando volves? en Tarragona

  19/09/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.