Luis López destaca a importancia de recuperar elementos patrimoniais como o faro pequeno de Cabo Silleiro, que despois de 100 anos volve estar en funcionamento

12/08/2024

Encontro coa concelleira de Urbanismo e mais a arquitecta municipal de Vilanova de Arousa

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este luns ao acto de acendido do faro pequeno de Cabo Silleiro, en Baiona, que volve estar en funcionamento cen anos despois de que se apagara e que servirá para reforzar a oferta gastronómica das Rías Baixas ao acoller unha taberna nas súas instalacións.

Coa presenza do mandatario provincial nun acto no que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; desde a Deputación ponse en valor a importancia de recuperar elementos patrimoniais como este emblemático faro que, ao mesmo tempo, servirá para dinamizar a actividade económica, gastronómica e turística en Baiona e a súa contorna.

Galerias de imagenes