A Deputación remata a vendima dos viñedos do Castelo de Soutomaior con máis de 14.000 quilos de uva recollidos

Ata 14 persoas realizaron os traballos de vendima esta semana, tras ser adxudicados en poxa pública á adega Cosecheros Reunidos de Soutomaior

09/09/2026

A Deputación remata a vendima dos viñedos do Castelo de Soutomaior con máis de 14.000 quilos de uva recollidos

A adega Cosecheros Reunidos de Soutomaior finalizou os traballos de vendima nos viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, cun total de máis de 14.000 quilos de uva branca recollidos. Ata 14 persoas participaron esta semana na colleita, realizada ao longo de varias xornadas nesta última semana.

A adega que resultou adxudicataria na poxa pública promovida pola institución provincial para realizar a vendima encargouse tanto dos traballos de colleita como do seu posterior traslado da uva albariña recollida e resto de variedades brancas. En concreto, dos máis de 14.000 quilos recollidos, 12.800 foron de uva albariña e 1.400 de outras variedades.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 23) foron plantados en 1984. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades brancas como o godello, torrontés, loureiro e treixadura.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.