A vicepresidenta da Deputación asiste ao coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia para analizar os retos da sanidade pública galega no 2025
30/01/2025
A vicepresidenta primeira e responsable das áreas de Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao almorzo coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia no que o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, analizou os retos da sanidade pública galega neste 2025.
