A Deputación continúa o vindeiro venres 2 de outubro en Marín coa nova edición do programa +Convivir, que chegará a máis de 30 concellos entre 2026 e 2027

A xornada terá lugar na Alameda a partir das 16:30 horas e incluirá actividades formativas e lúdicas para toda a veciñanza

28/09/2026

A Deputación continúa o vindeiro venres 2 de outubro en Marín coa nova edición do programa +Convivir, que chegará a máis de 30 concellos entre 2026 e 2027

A Deputación de Pontevedra levará ata Marín a que será a cuarta xornada de convivencia do programa +Convivir do período 2026/2027, tralo seu paso por Cangas de Morrazo, Poio e As Neves. A cita terá lugar o próximo venres 2 de outubro, a partir das 16:30 horas, na Alameda da vila, ata onde se desprazarán centos de persoas procedentes do movemento asociativo e veciñal da vila.

+Convivir trátase dunha iniciativa provincial para tecer lazos e crear espazos de encontro, así como avanzar no fortalecemento das relacións entre a Deputación de Pontevedra e o movemento asociativo e veciñal da provincia. Deste xeito, en Marín terá lugar un obradoiro sobre o alzheimer a cargo de AFAPO, outro de risoterapia de man de Mónica Novas, unha actividade de zumba e outra de bailes de salón e rematará cunha merenda dinamizada cun DJ.

Entre este ano e o próximo +Convivir chegará a arredor dunha trintena de concellos despois de concentrar a máis de 10.000 persoas nas dúas anteriores edicións. Ademais de Marín, As Neves, Cangas de Morrazo e Poio, está previsto que este ano o programa chegue a Agolada, Ponteareas, A Estrada, Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga.

Galerias de imagenes