A Deputación financiará integramente a renovación da iluminación pública da zona norte de Pontevedra incluída no convenio co Concello por valor de 2,3 millóns de euros

O vicepresidente Rafa Domínguez asistiu á constitución da comisión de seguimento do convenio, que aprobou aumentar en 700.000 euros a achega provincial á actuación

08/02/2026

A Deputación de Pontevedra financiará integramente a actuación de mellora da iluminación pública da zona norte do centro urbano da cidade de Pontevedra. A institución tomou esta decisión na constitución da comisión de seguimento do convenio entre o organismo provincial e o Concello de Pontevedra, co que os 2,3 millóns do seu orzamento total serán agora achegados pola Deputación. Á comisión asistiron o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, e mais o concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda.

O encontro convocouse coa finalidade de abordar a necesidade de reaxustar o financiamento que a Deputación achega no marco deste convenio, que afecta o ámbito do Pino, A Parda, O Castañal, Valdecorvos ou San Amaro, entre outras zonas. Inicialmente estaba previsto que a Deputación achegase 1,6 millóns de euros e o Concello os 700.000 euros restantes, e o cambio no financiamento será incorporado a través dunha adenda ao convenio, mentres que o resto do contido permanece sen cambios. O goberno da Deputación reafirma con este aumento de crédito o seu compromiso co avance e a modernización da cidade de Pontevedra, así como coa mellora da calidade de vida da súa veciñanza.

O proxecto permitirá financiar a renovación das actuais luminarias por outras con tecnoloxía LED, tamén se mellorará o control do sistema coa renovación de 39 cadros de mando e se substituirá parte dos cables, executando tomas de terra e mellorando as columnas. A actuación conseguirá un aforro do 78% no consumo respecto ao actual, ademais de reducir as emisións de CO2 en máis de 650 toneladas ao ano.

A cidade de Pontevedra recibe no orzamento deste ano 2,5 millóns de euros para os convenios co Concello, aos que se suman os 210.000 € consignados para preparar a Bienal do 2027, 8 millóns para o Museo, 7 millóns de remanentes que se dedicarán ao proxecto de Santa Clara, 35.000 € para a redacción do proxecto do novo centro loxístico do Museo, 100.000 € para a final das series mundiais de tríatlon ou 300.000 € para a organización dos Premios Feroz, así como novos investimentos en Príncipe Felipe e novidades en materia deportiva.

Noticias relacionadas

{"classPK":15886089,"groupId":"37861","name":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"c7143c44-92cd-b509-6e2a-524e07eb6f46","fileEntryId":"15886089","resourcePrimKey":"15886104"}

Luis López anuncia a aprobación do convenio que mobilizará 2,4 millóns para mellorar o treito entre Manuel del Palacio e a ponte ao Porto de Marín en Pontevedra

  29/05/2026

{"classPK":15871984,"groupId":"37861","name":"20260527_luislopez_convenio_iluminacion_concello_pontevedra_restevez_01.jpg","alt":"LUIS LOPEZ INICIO OBRAS EFICIENCIA ENERXETICA PONTEVEDRA CONVENIO CONCELLO PONTEVEDRA","title":"20260527_luislopez_convenio_iluminacion_concello_pontevedra_restevez_01.jpg","type":"document","uuid":"fd7a3ca0-38a9-a071-93ff-a4e73042267a","fileEntryId":"15871984","resourcePrimKey":"15872031"}

Luis López salienta outra obra impulsada pola Deputación “que fai máis cidade” de Pontevedra: 2,3 M€ de fondos provinciais para renovar o alumeado do centro urbano

  27/05/2026

{"classPK":14563366,"groupId":"37861","name":"20260207_rafa-dominguez-EP-00041.jpg","alt":"","title":"20260207_rafa-dominguez-EP-00041.jpg","type":"document","uuid":"ede6ca44-d481-df88-acd7-ef09fe222628","fileEntryId":"14563366","resourcePrimKey":"14562736"}

Rafa Domínguez presenta ao tecido empresarial o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-0004 Marcón-Pintos–A Reigosa

  07/02/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.