A Deputación presenta en Agolada as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron catro entidades do concello con máis de 26.000 €

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, deu a coñecer +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria, as tres liñas de axudas provinciais dirixidas a comunidades de augas e ao tecido asociativo que se poden solicitar ata o 1 de abril

21/02/2026

Javier Toruirs accion comunitaria

A Deputación de Pontevedra deu a coñecer en Agolada as liñas de axudas provinciais de Acción Comunitaria para este 2026 dirixidas a comunidades de augas e ao tecido asociativo, das que en anos anteriores se beneficiaron catro entidades do concello con máis de 26.000 € e, no conxunto da provincia, arredor de mil colectivos entre os que se distribuíron 11,5 M€. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou os recursos e novidades de +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria deste ano, unhas axudas que se poden solicitar ata o 1 de abril e que suman un investimento inicial de 3,2 millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2025.

As dúas liñas de axudas dirixidas ás comunidades de augas, +Aqua e +Novaqua, están dotadas este ano de máis de 1,8 millóns de euros para seguir avanzando na mellora da calidade da auga e das súas instalacións, así como na regularización das traídas. Os 360.000 € de +Novaqua irán dirixidos a regularizar as traídas de augas veciñais, con axudas que ascenden ata os 6.000 euros e permitirán aos colectivos sufragar os custos da redacción do proxecto de legalización e renovación, das analíticas ou dos traballos de topografía, así como os gastos de xestión e tramitación, entre outras cuestións.

Con preto de 1,5 millóns de euros, +Aqua destinará ata 10.000 € por entidade para instalar ou mellorar as infraestruturas das traídas de augas comunitarias (contadores, canalizacións, redes de distribución, tomas…), así como iniciativas de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética que impliquen unha mellora na xestión da auga. Tamén poderán dedicar os recursos da Deputación a financiar sistemas de tratamentos ou da calidade da auga subministrada, ademais de a obras de mellora na captación ou actuacións de impermeabilización, entre outras actuacións.

No que respecta a Provincia Comunitaria, a liña de axudas dirixida a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia, o orzamento ascende a preto de 1,5 millóns, tamén con máximo de 10.000 euros por entidade beneficiaria. Neste caso, os colectivos poderán solicitar o financiamento de obras, da adquisición de equipamentos ou dos gastos derivados da xestión e tramitación da subvención e do pago de taxas, así como para traballos de roza e de limpeza de terreos.

Recursos de Acción Comunitaria en Agolada
Ata o de agora foron catro as entidades de Agolada que se beneficiaron de máis de 26.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra. Por unha banda, dúas comunidades de augas recibiron máis de 12.000 €  para construír un recinto para un depósito de augas e renovar a concesión da traída. Ademais, outras dúas asociacións contaron con máis de 14.000 € para adquirir equipamentos para os seus locais sociais.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":14645567,"groupId":"37861","name":"20260217_javier-touris_accion-comunitaria_redondela3.jpg","alt":"","title":"20260217_javier-touris_accion-comunitaria_redondela3.jpg","type":"document","uuid":"d1210f37-40ea-5a9a-d692-a633cfc2154f","fileEntryId":"14645567","resourcePrimKey":"14645583"}

A Deputación presenta en Redondela as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron 16 entidades do concello con 160.000 €

  17/02/2026

{"classPK":14642854,"groupId":"37861","name":"20260616_Javier_touris_accion_comunitaria_mos.jpg","alt":"presentación liñas axudas accion comunitaria 2026 Mos","title":"20260616_Javier_touris_accion_comunitaria_mos.jpg","type":"document","uuid":"ce356b53-414a-08c2-ec7e-2790195f1d6d","fileEntryId":"14642854","resourcePrimKey":"14642890"}

A Deputación presenta en Mos as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron unha trintena de entidades do concello con máis de 340.000 €

  16/02/2026

{"classPK":9549865,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-4.jpg","alt":"Logo deputacion pontevedra entrada","title":"20240620_logo_entrada-4.jpg","type":"document","uuid":"8e292339-8367-73fd-0ab9-c5d214d88d98","fileEntryId":"9549865","resourcePrimKey":"14618444"}

A Deputación presenta nas Neves as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron unha decena de entidades do concello con 155.000 €

  12/02/2026