A Deputación avanza para desbloquear actuacións en estradas provinciais que atravesan o Concello de Gondomar

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para coñecer as prioridades do municipio en canto ás vías provinciais que o atravesan

10/05/2024

A Deputación de Pontevedra avanza para desbloquear actuacións en estradas provinciais que atravesan o Concello de Gondomar. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de reunirse co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para coñecer as prioridades do municipio en canto ás vías provinciais que o atravesan. En concreto, na xuntanza analizaron a situación da mellora da mobilidade peonil na EP-2108 de acceso a Donas e a rehabilitación da ponte románica de Mañufe.

A deputada provincial trasladou ao alcalde de Gondomar que o proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-2108 de acceso a Donas que comprometera o anterior Goberno provincial estaba inacabado. Neste eido,  Isabel Couselo comprometeuse  con Ferreira a “traballar para avanzar neste actuación e rematar o proxecto para poder logo executar a mellora no acceso a Donas”.

No que respecta á ponte románica de Mañufe, a deputada informou ao alcalde que a Deputación de Pontevedra desenvolveu unhas obras urxentes para arranxar deficiencias e garantir a seguridade da infraestrutura que están xa rematadas, non constando no servizo de Infraestruturas da institución provincial ningunha outra actuación a impulsar nesta contorna. En calquera caso, Isabel Couselo comprometeuse a recoller as inquedanzas do alcalde de Gondomar para analizar e estudar a posibilidade de recuperar a zona na que se sitúa a ponte románica.

 

Noticias relacionadas

{"classPK":8479375,"groupId":"37861","name":"20240507_isabel-couselo_javier-touris_estrada-provincial-as-sinas-vilanova.jpg","alt":"Visita as obras na EP-9702 As Sinas- Vilanova de Arousa","title":"20240507_isabel-couselo_javier-touris_estrada-provincial-as-sinas-vilanova.jpg","type":"document","uuid":"b4f2aaee-4f87-e251-5e0f-2010cfa97070","fileEntryId":"8479375","resourcePrimKey":"8479397"}

A Deputación analiza o estado de execución das obras de mellora da seguridade viaria na EP-9702 As Sinas- Vilanova de Arousa, na que está a investir preto de 200.000 euros

  07/05/2024

{"classPK":8395383,"groupId":"37861","name":"20240503_isabel-couselo_alcalde-sanxenxo.jpg","alt":"Isabel Couselo co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín","title":"20240503_isabel-couselo_alcalde-sanxenxo.jpg","type":"document","uuid":"471424b5-8314-a15a-3283-42f36e575d1f","fileEntryId":"8395383","resourcePrimKey":"8395404"}

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións nas estradas provinciais que atravesan a vila

  03/05/2024

{"classPK":8216116,"groupId":"37861","name":"20240423_isabell_couselo_reunion_concello_mos.jpg","alt":"Isabel Couselo visita o Concello de Mos","title":"20240423_isabell_couselo_reunion_concello_mos.jpg","type":"document","uuid":"1fb69d0f-e1a4-f651-69a7-42d19010a92a","fileEntryId":"8216116","resourcePrimKey":"8216142"}

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Mos para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

  23/04/2024