A Deputación destinará a Tui preto de 950.000 euros para financiar integramente a humanización da rúa Coruña

O deputado provincial Alejandro Lorenzo visitou hoxe o concello onde recordou que o organismo tiña xa comprometidos máis de 712.400 € do Plan EXTRA e anunciou que estes recursos serán complementados con outros 237.500 € do Plan +Provincia que se aprobarán este venres

11/06/2025

O deputado provincial Alejandro Lorenzo visitou hoxe o concello

O deputado provincial Alejandro Lorenzo acaba de realizar unha visita a Tui onde remarcou que a Deputación de Pontevedra investirá preto de 950.000 euros para financiar integramente a reforma total da rúa Coruña. Lorenzo recordou que o organismo tiña xa comprometidos 712.400 € do Plan Extra para impulsar esta actuación e anunciou que estes recursos serán complementados con outros 237.500 € da liña 1, de investimentos, do Plan +Provincia, que se aprobarán este mesmo venres en Xunta de Goberno.

O deputado provincial deu conta dos traballos que Tui realizará con estes fondos provinciais que permitirán a humanización da rúa Coruña e dos seus anexos. Trátase dunha completa reforma onde os peóns terán prioridade coa dotación dunha plataforma única e percorridos máis accesibles. Ademais da reparación das acometidas con especial énfase na rede de pluviais e saneamento, procederase á reposición do pavimento e á adaptación da sinalización horizontal e vertical, renovarase o equipamento urbano e colocaranse novas luminarias LED. Tamén se dotará dunha rede de emerxencia con acceso a auga e incorporaranse barreiras vexetais con especies arbóreas e plantas decorativas, e os seus respectivos sistemas de rego e drenaxe. A actuación completarase coa remodelación das escaleiras que ascenden á rúa Foxo, creando un xardín vexetal vertical, e coa recuperación patrimonial do peto de ánimas e do cruceiro no lado sur da vía.

Alejandro Lorenzo lembrou que co Plan Extra e co Plan +Provincia "a Deputación de Pontevedra dá resposta ás demandas dos concellos, achegando recursos como nunca antes se fixera para que poidan facer fronte a actuacións que transforman e modernizan as vilas da nosa provincia". Así mesmo, o deputado provincial destacou que cos recursos destes programas "facemos realidade proxectos  como o que se vai realizar na rúa Coruña de Tui, que non só melloran a mobilidade peonil con espazos urbanos máis accesibles, senón que garanten unha calidade de vida óptima para a súa veciñanza".

Noticias relacionadas

{"classPK":13111158,"groupId":"37861","name":"20250708-Luis-Lopez-Extra-Tui-REstevez.jpg","alt":"Luis López asina co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro","title":"20250708-Luis-Lopez-Extra-Tui-REstevez.jpg","type":"document","uuid":"b925db91-bcd5-352e-8f1b-fd76011ad573","fileEntryId":"13111158","resourcePrimKey":"13111170"}

Luis López asina co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o convenio co que a Deputación financia os 950.000€ da humanización da Rúa Coruña

  08/07/2025

{"classPK":12993648,"groupId":"37861","name":"20250617_LuisLopez_ExtraCambados_REstevez.jpg","alt":"Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Cambados, Samuel Lago","title":"20250617_LuisLopez_ExtraCambados_REstevez.jpg","type":"document","uuid":"de4a45b0-941c-19e3-b7ed-89275b3fcca2","fileEntryId":"12993648","resourcePrimKey":"12993677"}

Luis López asina co alcalde de Cambados, Samuel Lago, o convenio co que a Deputación financia o 100% da reforma do Pazo Torrado e os seus xardíns

  17/06/2025

{"classPK":12980255,"groupId":"37861","name":"20250612_ponteareas_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López visita as parroquias de Ribadetea, Xinzo e Santiago de Oliveira","title":"20250612_ponteareas_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"b38511b5-0d0d-2809-b9cf-b66902cbaee4","fileEntryId":"12980255","resourcePrimKey":"12980310"}

Luis López salienta a transformación das contornas rurais que promove o +Provincia en lugares como Ponteareas, cun investimento de 80.000€ para executar tres proxectos

  12/06/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.