Luisa Sánchez pon en valor a importancia da pedra natural para a economía provincial na inauguración de StoneGal

03/06/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes na inauguración da primeira feira internacional da pedra natural na península Ibérica, StoneGal, “un escaparate incrible e pioneiro para amosar as potencialidades da provincia nunha materia prima tan versátil, e co que non tivemos dúbidas á hora de comprometernos sendo un dos seus patrocinadores”. A vicepresidenta asegurou que StoneGal “vai significar un antes e un despois para a economía provincial” tendo en conta o alto número de empresas de empresas que concentra xunto co norte de Portugal: “somos o principal foco de produción de pedra natural de toda a península”.

Luisa Sánchez incidiu en que “o noso apoio a esta iniciativa non vai ser puntual” e amosou a “vontade da Deputación a seguir estreitando lazos con StoneGal e co Clúster do Granito de Galicia porque somos conscientes do impulso que supón para a economía”, e asegurou que “así sumamos sinerxías para xerar oportunidades e impulsar o avance do noso territorio promovendo especialmente o granito do Porriño, a nosa pedra máis célebre”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.