A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na inauguración do Congreso Acción e Implicación de Empresarias Galicia

22/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá no acto de inauguración da oitava edición do congreso Acción e Implicación, de Empresarias de Galicia, que reúne en Vigo a emprendedoras e profesionais líderes de toda a comunidade para debater arredor de temas como o márketing, a intelixencia artificial ou o talento, entre outros. No acto, Sánchez celebrou que “cada vez son máis as mulleres que apostan por poñer en marcha o seu proxecto, cun colectivo de autónomas que creceu un 32% na provincia nos últimos 20 anos”. Malia iso, destacou que “aínda queda moito camiño por percorrer para incorporar ás mulleres nas altas esferas empresariais” e por este motivo destacou que é “fundamental” organizar foros e encontros como este de Empresarias Galicia, “nos que se visibilizan os logros das mulleres e serven de altofalante”.

A vicepresidenta provincial aproveitou a ocasión para remarcar o “firme e irrenunciable compromiso da Deputación coa igualdade como eixo transversal da nosa acción, porque é un dos grandes retos, e daremos os pasos necesarios para conseguir esa plena e ansiada igualdade entre homes e mulleres”.

Noticias relacionadas

{"classPK":15993749,"groupId":"37861","name":"20261006_foro_empresarias_galicia_01.jpg","alt":"Luisa Sánchez salienta o carácter transversal do VIII Foro Empresarial de Empresarias de Galicia, cun programa que aborda os retos da economía, a saúde ou a conectividade","title":"20261006_foro_empresarias_galicia_01.jpg","type":"document","uuid":"6a0251c3-50ef-e5c0-6397-a75c1118f971","fileEntryId":"15993749","resourcePrimKey":"15993764"}

Luisa Sánchez salienta o carácter transversal do VIII Foro Empresarial de Empresarias de Galicia, cun programa que aborda os retos da economía, a saúde ou a conectividade

  10/06/2026

{"classPK":11642371,"groupId":"37861","name":"20241121_recepcion_rafaestevez_08.jpg","alt":"encontro coa nova presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, María Borrás ","title":"20241121_recepcion_rafaestevez_08.jpg","type":"document","uuid":"736ab8be-1eaf-f916-c15e-62a09d5962b2","fileEntryId":"11642371","resourcePrimKey":"11642403"}

Luis López reafirma o apoio ao tecido empresarial da provincia nun encontro coa nova presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, María Borrás

  21/11/2024

{"classPK":11477913,"groupId":"37861","name":"20241023_luisa-sanchez-ilumina-concurso-escaparates.jpg","alt":"Luisa Sánchez na presentacion do III Concurso de Escaparates de Vigo","title":"20241023_luisa-sanchez-ilumina-concurso-escaparates.jpg","type":"document","uuid":"432484e7-30af-a771-0318-398933bf347e","fileEntryId":"11477913","resourcePrimKey":"11478056"}

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación do III Concurso de Escaparates de Vigo

  23/10/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.