A Deputación inicia os cursos de +Xuntas con preto de medio cento de accións formativas para asociacións de toda a provincia
Entidades de 25 concellos da provincia comezan obradoiros de pilates, ioga, teatro, plantas medicinais ou conservación de alimentos
31/08/2026
A Deputación de Pontevedra inicia esta semana as accións formativas da actual edición do programa provincial +Xuntas, unha iniciativa que destina preto de 700.000 euros ao tecido asociativo para apoiar o desenvolvemento das mulleres e crear redes de apoio onde poden compartir experiencias e estreitar os seus vínculos. Esta semana, entre o 1 e o 5 de setembro, un total de 46 entidades de Caldas de Reis, O Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, Cerdedo Cotobade, Crecente, Covelo, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Lalín, A Lama, Marín, Mondariz, Moraña, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa comezan estas primeiras accións de +Xuntas.
Este martes 1 de setembro a Asociación de Diagnosticados de cancro de Mama (Cangas de Morrazo) inicia un curso de teatro, as Mulleres Creativas de Quireza (Cerdedo Cotobade) un de ximnasio hipopresiva, a Nosa Señora de Fátima (Crecente) un de arte floral, a Asociación de Mulleres de Troáns (Cuntis) un de pilates, ao igual que a Asociación Veciñal Santa María de Pazos (Pazos de Borbén), a Asociación de Maiores de Ponteareas e a Asociación Banda de Música Popular de Tui, e a Asociación Veciñal e Deportiva Cultural Miñoteira (Redondela) un de risoterapia. Na Estrada comezan cursos tres asociacións: a Asociación Veciñal da Terra de Guimarei (iniciación ao patchwork), a Asociación de Mulleres Rurais As Bugineiras (plantas medicinais) e a Asociación de Mulleres Rurais de Ribeira (conservación de alimentos). En Lalín, comezan cursos a Asociación de Mulleres de Gresande e a Asociación Mulleres en Igualdade de Donramiro, ambos os dous de pilates. En Vigo, a Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos inicia un curso de musicoterapia e a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama un de teatro.
O mércores 2 de setembro comezan cursos a Asociación Veciñal de Fragas no Campo Lameiro (arte floral), a Asociación de Veciños do Lugar de Cutián en Cerdedo Cotobade (risoterapia), a Asociación de Mulleres Rurais San Bieito de Gondomar (taichí), a Asociación de Mulleres en Igualdade de Santiso e a Asociación de Mulleres en Igualdade de Bendoiro en Lalín (ximnasia hipopresiva e pilares, respectivamente), a Asociación Cultural Chorimo de Moraña (ioga), a Casa Santa María da Esperanza Escravas da Virxe Dolorosa de Mos (pilates) e a Asociación de Veciños de San Pedro de Matamá A Unión de Vigo (plantas medicinais).
O xoves 3 de setembro a Asociación de Mulleres Ardefur (Cuntis) inicia un curso de arte floral, a Asociación de Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó (A Estrada) un de plantas medicinais, a Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural Deza AFAMMER (Lalín) un de pilates, a Asociación de Veciños de Chapela (Redondela) un de artesanía en coiro, a Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro (Rodeiro) un de ximnasia hipopresiva, a Asociación de Mulleres de Vilaboa un de plantas medicinais e a Asociación de Mulleres Rurais O Campanario (Vilanova de Arousa) un de ioga.
O venres 4 de setembro é a quenda da Asociación de Saiar pola Igualdade (Caldas de Reis) e da Asociación Cultural Virxe da Luz de Casteláns (Covelo) cun obradoiro de pilates, da Asociación Rural dos Veciños de Piñeiro (Cuntis) cun de conservación de alimentos, da Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei e a Asociación de Mulleres Rurais de Paradela (A Estrada) con pintura e arte floral, respectivamente, da Asociación de Mulleres Intercambio do Sabor (Marín) cun de risoterapia, da Asociación de Veciños Pé de Mula (Mondariz) cun de arte floral, da Asociación de Xubilados e Pensionistas e AFAGA (Salceda de Caselas) con senllos obradoiros de plantas medicinais e arte floral, de COGAMI (Silleda) cun de risoterapia, da Asociación de Veciños San Bieito de Romariz (Soutomaior) cun de pilates e a Asociación Doa Saúde Mental (Vigo) cun de ioga.
Por último, o sábado 5 de setembro a Asociación de Veciños San Gregorio da Corredoira (Cerdedo Cotobade) inicia un curso de arte floral, a Asociación Mulleres en Igualdade de Camposancos (Lalín) un de conservación de alimentos, a Asociación de Mulleres Rurais A Pícara (A Lama) un de pilates e a Asociación de Veciños Novo Vigo un de plantas medicinais.
A Deputación de Pontevedra dedica un investimento de preto de 700.000 euros para o desenvolvemento do programa durante os anos 2026 e 2027, organizando cada ano máis de 200 obradoiros para entidades sen fins de lucro da provincia que apoien o desenvolvemento das mulleres. Este ano terán lugar un total de 207 accións para colectivos de 53 concellos dentro de catro categorías: +Tecnoloxía, +Creatividade, +Natura e +Saúde. Cada formación ten unha duración de 35 horas e incluirá un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.