Luis López agradece aos milleiros de afeccionados que acudiron ás pantallas da Deputación en Pontevedra e Vigo polo seu alento á Selección ao longo de todo o mundial

O mandatario provincial amosa a súa satisfacción pola elevada afluencia e o bo comportamento dos espectadores e que demostra o acerto da Deputación á hora de ofrecer a veciñanza a oportunidade de celebrar en comunidade un fito histórico

20/07/2026

Luis López agradece aos milleiros de afeccionados que acudiron ás pantallas da Deputación en Pontevedra e Vigo polo seu alento á Selección ao longo de todo o mundial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, agradece a extraordinaria resposta da veciñanza da provincia que se achegou este domingo á Alameda de Pontevedra e á Praza da Estrela de Vigo para desfrutar da vitoria de España no Mundial a través das pantallas xigantes instaladas pola Deputación nestas dúas cidades.

O mandatario provincial seguiu a primeira parte do partido en Pontevedra acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e desprazouse no descanso ata Vigo para seguir o desenlace da final xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez e desfrutar coa veciñanza dun fito histórico para o deporte español.

A elevada afluencia de espectadores a ambos os recintos tanto para vivir a final como as eliminatorias anteriores así como o bo comportamento dos asistentes demostran o acerto do organismo provincial á hora de ofrecer unha oportunidade para desfrutar do Mundial e dos éxitos do deporte nacional en comunidade.

Galerias de imagenes