Luis López asiste á celebración da Festa do Cocido de Lalín, referencia da gastronomía e do turismo na provincia

08/02/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste en Lalín aos actos de celebración da LVIII Feira do Cocido. O mandatario provincial estivo presente na cerimonia institucional celebrada na Casa do Concello na que tivo lugar o capítulo xeral da Encomenda do Cocido e visitou, a continuación, a feira para desfrutar despois do tradicional xantar popular do cocido, un prato que é símbolo e atractivo turístico da provincia.