Luis López participa de Forcarei na tradicional procesión da Virxe das Dores
30/08/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, estivo nesta mañá de domingo en Forcarei para participar, xunto coa alcaldesa e deputada provincial, Belén Cachafeiro, na tradicional procesión na honra das Virxe das Dores. Unha asistencia coa que o dirixente provincial demostra o compromiso da Deputación coas festas populares e coa veciñanza deste concello do interior da provincia.
