Luis López asiste ao curro da Rapa das Bestas de Sabucedo, un emblema da cultura e o turismo das Rías Baixas
05/07/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López vén de asistir este domingo ao curro da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha festa declarada de interese turístico internacional e á que acoden cada ano milleiros de persoas chegados de dentro e fóra das fronteiras da provincia. Coa súa participación na festa, o mandatario provincial amosa o compromiso da Deputación cun dos máis destacados eventos culturais e un dos emblemas do turismo de interior que promove o organismo provincial dentro do destino Rías Baixas.
