Luis López participa en Moraña na Festa do Carneiro ao Espeto, unha cita gastronómica de referencia na provincia
26/07/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo nos actos de celebración da edición número 57 da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña. O mandatario provincial estivo presente nos actos institucionais celebrados na Casa do Concello e no posterior percorrido ata a Carballeira de Santa Lucía para desfrutar deste tradicional xantar que converte a Moraña nunha referencia do turismo gastronómico, un dos grandes atractivos do destino turístico Rías Baixas.



