Luis López comparte as curiosidades da Deputación co alumnado de sexto de primaria do Xesús Golmar de Lalín
08/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, compartiu este martes curiosidades sobre o organismo provincial co alumnado de sexto de Educación primaria do CEIP Xesús Golmar de Lalín. Os estudantes visitaron o Museo de Pontevedra e o Pazo provincial, onde foron recibidos polo presidente para coñecer os recunchos deste emblemático inmoble y moitas curiosidades sobre as funcións da Deputación.



