Luis López destaca as oportunidades de crecemento económico para a provincia que abre a colaboración entre o sector público e privado de Pontevedra e Uruguai

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Jorge Cubela, mantén un encontro de traballo co presidente do Club de Executivos do Uruguai, o empresario de orixe galega José Costa

25/11/2025

Luis López encontro Asociación Empresarios Uruguai

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca as oportunidades de crecemento económico para a provincia que abre a colaboración entre o sector público e privado de Pontevedra e Uruguai. Fíxoo nun encontro con José Costa, o presidente da Club de Executivos do Uruguai, unha entidade irmandada co Círculo de Empresarios de Vigo, no que o mandatario provincial recoñeceu a estreita relación que existe entre a emigración galega e o sector empresarial deste país, a potencia das economías da provincia e de Montevideo grazas ao intercambio entre os dous territorios ou as oportunidades de crecemento que abre a colaboración entre o sector público e privado de ambos os dous territorios. "Esta viaxe institucional da Deputación de Pontevedra a Montevideo que realizamos para estreitar os lazos que unen ao galegos de acá e de alá no tería o mesmo sentido sen este encontro", admitiu o mandatario provincial nun encontro co empresario José Costa, de orixe galega, no que tamén estivo presente o vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Jorge Cubela.

Na sede deste colectivo de empresarios, emprazada no piso 40 do World Trade Center de Montevideo, o presidente da Deputación remarcou o compromiso do goberno provincial co tecido empresarial, ao que apoia a través de diversos plans e programas como  oferta de chan industrial, o apoio ao emprendemento, a colaboración con sectores claves como a industria do mar, o turismo, a aposta polo deporte ou a cultura e, principalmente, a promoción da obra pública a través de plans de investimento nos concellos da provincia que suporán unha inxección de 128 millóns de euros na economía da provincia o vindeiro ano 2026 por parte da Deputación. O impulso do turismo é impulso que a Deputación está a liderar da man das empresas e profesionais especializados é unha desas áreas nas que o intercambio entre os dous territorios ofrecen múltiples oportunidades. O enoturismo é unha das ramas deste sector que o goberno provincial trata de aproveitar como vía de abrir novos mercados para a denominación de orixe Rías Baixas, para a descentralización e desestacionalización dos fluxos turísticos e para diversificar e enriquecer a oferta da provincia. Un nicho no que o Uruguai, referencia tamén na produción de viño, pode exercer como socio estratéxico das Rías Baixas para o crecemento do sector nun e noutro territorio.

"As portas das Rías Baixas, da provincia de Pontevedra e de Galicia están abertas para todo aquel que queira sumar, aportar y crecer. Na Deputación, coas limitacións das súas competencias, atoparedes un socio leal en un amplo abano de sectores", convidou Luis López ao representante dos empresarios do Uruguai a estudar vías de investimento nas Rías Baixas.

Neste sentido, o mandatario provincial salientou o "liderado" da economía peninsular en sectores como a automoción, a pesca, a conserva, a moda, o turismo ou o sector primario, así como a estabilidade política que caracteriza á provincia e á Galicia como unhas fortalezas que convidan a investir tanto nas Rías Baixas como no resto do territorio. "Fronte o escenario político de inestabilidade de moitos países e rexións, na provincia e en Galicia prima a estabilidade e o sentidiño; fronte á corrente de criminalizar empresas, nas Rías Baixas camiñamos da man co sector privado; e fronte á incerteza de moitas economías, en Galicia contamos coa mesma madurez e o mesmo espírito traballador que tantos emprendedores galegos implantaron con éxito en Montevideo", incidiu López, quen tamén recoñeceu a experiencia compartida entre as Rías Baixas e o Uruguai en sectores nos que a suma de esforzos abren oportunidades de crecemento tanto a un como ao outro lado do Atlántico.

Noticias relacionadas

{"classPK":14080471,"groupId":"37861","name":"20251125_LuisLopez_EmbaixadaEspañaUruguai.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela; foi recibido este martes na Embaixada de España no Uruguai polo embaixador Javier Salido","title":"20251125_LuisLopez_EmbaixadaEspañaUruguai.jpg","type":"document","uuid":"8139539e-22b9-b0b0-1272-fc23f65a9647","fileEntryId":"14080471","resourcePrimKey":"14080515"}

Luis López é recibido en Montevideo polo embaixador de España no Uruguai, Javier Salido

  26/11/2025

{"classPK":14075383,"groupId":"37861","name":"20251125_LuisLopez_CentroPontevedresMontevideo_01.jpg","alt":"Luis López encontro Centro pontevedrés de Montevideo, Uruguai","title":"20251125_LuisLopez_CentroPontevedresMontevideo_01.jpg","type":"document","uuid":"d8938f30-039e-530e-c2ed-9f087b07c44d","fileEntryId":"14075383","resourcePrimKey":"14075427"}

Luis López reforza o vínculo coa colectividade pontevedresa do Uruguai para concluír a viaxe institucional da Deputación á Bos Aires e Montevideo

  26/11/2025

{"classPK":14046434,"groupId":"37861","name":"Castelao_derradeira_mestre.jpg","alt":"Luis Lopez encabeza viaxe Arxentina cadro castelao derradeira leccion mestre","title":"Castelao_derradeira_mestre.jpg","type":"document","uuid":"ab7c81bd-047f-2ff8-8568-84d5f3c00e9f","fileEntryId":"14046434","resourcePrimKey":"14046446"}

Luis López encabeza a viaxe institucional da Deputación a Arxentina para pechar a cesión temporal do cadro de Castelao “A derradeira lección do mestre” ao Museo

  20/11/2025