Luis López salienta o papel da Deputación para orientar á mocidade na formación e busca dunha saída laboral na apertura en Pontevedra dunha nova edición de Edugal

O presidente provincial participa na inauguración da décimo quinta edición dun salón que reúne en Pontevedra a máis de 60 expositores relacionados coa formación

21/10/2026

Luis López salienta o papel da Deputación para orientar á mocidade na formación e busca dunha saída laboral na apertura en Pontevedra dunha nova edición de Edugal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca o papel da Deputación á hora de impulsar a formación e o futuro laboral da mocidade da provincia. Fíxoo na apertura da décimo quinta edición do salón Edugal, que abriu este mércores as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra para dar a coñecer as distintas opción educativas existentes na provincia para os estudantes de Educación Secundaria. “Visualizo este salón de Edugal coma unha ponte. A través desta pasarela, os estudantes dos institutos descobren os centros nos que poderán continuar os seus estudos; a través desta plataforma, a mocidade conecta cun mercado laboral en constante transformación e especialización; e a través deste enlace, viaxamos cara un futuro que está por escribir, pero que levará a sinatura da nosa xuventude”, declarou o mandatario na inauguración dunha feira que permanecerá aberta ata o venres e á que asistiu tamén o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, así como outros responsables do sector público da provincia.

Esta nova edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia conta máis de 64 expositores procedentes da provincia, do resto de Galicia e doutros territorios do país. Entre eles volve estar un ano máis a Escola Universitaria de Enfermería, dependente da Deputación. Edugal funciona como un punto de encontro de estudantes, profesores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación que este se celebra dos días 8 ao 10 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. Os obxectivos esta feira son orientar ao estudante á hora de tomar unha decisión sobre o seu futuro profesional, ofrecer unha maior calidade na formación, agrupar a ampla oferta de centros formativos, empresas e entidades e apostar pola formación en Pontevedra e Galicia.

Un propósito ao que contribúe a Deputación a través de diferentes iniciativas. A Escola de Enfermaría, centro dependente da Deputación, é o exemplo máis claro, pero o presidente Luis López fixo referencia a outras medidas que contribúen a impulsar a formación e o emprendemento entre a poboación máis nova. “Contamos cun Plan Estratéxico de Xuventude do que brotan programas de todo tipo para potenciar colectivos, apoiar iniciativas ou realizar actividades; ofrecemos un programa de prácticas laborais en países da Unión Europea para estudantes de FP, o Erasmus +; e para os que están decididos a emprender, contan cun programa de apoio ao emprendemento”, enumerou o dirixente, antes de convidar a todo o sector educativo a achegarse a esta feira e a recoñecer o labor realizado por Aempe e o seu presidente para facer de Edugal unha referencia con 15 anos de antigüidade.

Galerias de imagenes