Luis López e Luisa Sánchez asisten ao acto apertura do novo curso na Universidade de Vigo

08/09/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asiste ao acto de apertura do curso académico 2026/2027 da Universidade de Vigo celebrado este martes no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo. Un acto no que participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García; e no que o catedrático de Enxeñería Eléctrica, José Cidrás Pidre, foi o encargado de impartir a lección inaugural.

Galerias de imagenes