Luis López e Luisa Sánchez asisten en Vigo á entrega dos XXX Premios Aproin aos mellores proxectos inmobiliarios da provincia
26/03/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luis Sánchez veñen de asistir este xoves na sede do Círculo de Empresarios de Vigo ao acto de entrega da trixésima edición dos Premios Aproin que concede a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra. A Deputación amosa deste xeito o seu compromiso cun sector fundamental para a economía da provincia como é o da construción.
