Luis López participa na Procesión dos Pasos celebrada este Xoves Santo en Pontevedra

02/04/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este xoves na Procesión dos Pasos, enmarcada nos actos tradicionais que organizan cada ano as confrarías da Semana Santa de Pontevedra. O mandatario provincial completou o percorrido, no que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, que partiu desde a Basílica de Santa María la Mayor nunha mostra de compromiso e sensibilidade da Deputación coas tradicións e as entidades culturais e relixiosas da provincia.

Galerias de imagenes