Luis López recoñece o tirón do sector vitivinícola no impulso á economía, ao emprego e ao turismo na provincia nun encontro con cooperativistas en Cambados

O presidente provincial participa na xornada de convivencia polo remate da campaña da vendima que organizou a bodega Paco & Lola en Cambados para informar do aumento das liñas de apoio da Deputación ás cooperativas agrogandeiras da provincia

21/11/2026

Luis López recoñece o tirón do sector vitivinícola no impulso á economía, ao emprego e ao turismo na provincia nun encontro con cooperativistas en Cambados

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñece a forza do sector vitivinícola para tirar da economía, o emprego, a sustentabilidade e o turismo da provincia na celebración dunha xornada de convivencia organizada en Cambados pola Bodega Paco & Lola para celebrar o remate da campaña de vendima deste ano. Nun encontro con integrantes da Cooperativa Vitivinícola Arousana, á que pertence a marca organizadora do acto, o mandatario provincial reafirmou o compromiso da Deputación co sector agrogandeiro do territorio, que volverán contar no vindeiro ano con máis apoio por parte da administración provincial a través da liña de axudas para cooperativas agrogandeiras, tal e como recolle o Orzamento da Deputación para o ano 2027 que entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro.

“Para a Deputación, apoiar o voso labor non é so cumprir co noso deber é o xeito de recoñecer toda a riqueza que xerades nesta provincia. Refírome á liña de apoio a cooperativas agrogandeiras que incrementaremos no vindeiro ano para que sigades sendo referencia de crecemento, innovación e calidade”, informou López, quen tamén aludiu á colaboración co sector para impulsar o enoturismo ou a asistencia que presta a Estación Fitopatolóxica do Areeiro para que as vendimas sexan o máis frutíferas posible. “Se Rías Baixas é unha provincia extraordinaria é porque contamos con sectores produtivos, como esta Cooperativa Vitivinícola Arousana, igualmente extraordinarios”, recalcou o presidente Luis López.

Neste encontro celebrado en Cambados, o presidente provincial quixo destacar a fortaleza do sector vitivinícola da provincia, que vai máis aló do éxito da campaña da vendima. “Este encontro demostra que o sector agrícola e vitivinícola desta comarca e da provincia é un dos motores máis potentes da nosa economía; que as cooperativas reflexan a capacidade da nosa provincia para emprender, innovar e triunfar nun mercado global desde a colaboración e o colectivo; e que este territorio conta con marcas potentes preparadas para liderar e exercer de embaixadoras mundiais dun destino turístico internacional, sustentable e da máxima calidade como é Rías Baixas”, concluíu o presidente da Deputación.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.