Luis López participa en Santiago na reunión da Fundación Galicia Europa na que se oficializou a adhesión da Deputación ao Padroado

15/06/2026

Luis López participa en Santiago na reunión da Fundación Galicia Europa na que se oficializou a adhesión da Deputación ao Padroado

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este luns na reunión da Fundación Galicia Europa na súa sede de Santiago de Compostela que serviu para oficializar a adhesión da Deputación de Pontevedra ao Padroado duna fundación fundamental para aproveitar as oportunidades que ofrece a Unión Europea tanto para a provincia como para os concellos e a veciñanza.