Luis López anuncia a aprobación do convenio que mobilizará 2,4 millóns para mellorar o treito entre Manuel del Palacio e a ponte ao Porto de Marín en Pontevedra

A Deputación achega preto de 600.000 € da actuación, complementaria á reforma integral da rúa Rosalía de Castro que financia integramente a institución provincial

29/05/2026

Luis López anuncia a aprobación do convenio que mobilizará 2,4 millóns para mellorar o treito entre Manuel del Palacio e a ponte ao Porto de Marín en Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a Xunta de Goberno provincial acaba de aprobar o convenio co Concello de Pontevedra para executar as obras da vía de conexión entre a Avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro no treito comprendido entre a rúa Manuel del Palacio e a ponte do ferrocarril ao porto de Marín. Trátase dun proxecto dotado de máis de 2,4 millóns de euros que permitirá a mellora da accesibilidade nesta zona.

Luis López sinalou que “o proxecto está financiado no marco do convenio que temos coa cidade, e a Deputación achega preto de 600.000 euros mentres que o Concello asume os 1,8 millóns restantes”. Ademais, o presidente da Deputación lembrou que se trata “dunha obra complementaria á reforma integral da rúa Rosalía de Castro, que como saben financiamos integramente achegando preto de 1,3 millóns de euros”.

En concreto, a vía de conexión terá dous carrís con dobre sentido de circulación, beirarrúas de 3 metros de ancho, glorietas nas interseccións con Rosalía de Castro e a Avenida de Marín e unha zona de aparcamento na marxe dereita. Ademais, tal como sinalou o presidente, a actuación completarase coa humanización da rúa Simón Bolívar, ademais da creación de dúas zonas de coexistencia na contorna do colexio Juan Sebastián Elcano e na praza de Mollavao.

Luis López indicou que esta actuación “súmase aos máis de 30 millóns que leva investido a Deputación nesta cidade”. “Poderíamos falar moito, pero aquí falan os números e os feitos: nunha semana abordamos dúas actuacións que mobilizan para os pontevedreses catro millóns de euros”, en referencia á actuación de mellora da iluminación do centro urbano da cidade, que financia integramente a Deputación cunha inxección de 2,3 millóns de euros.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15886089,"groupId":"37861","name":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López ","title":"20260529_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"c7143c44-92cd-b509-6e2a-524e07eb6f46","fileEntryId":"15886089","resourcePrimKey":"15890404"}

A Deputación aproba 320.000 euros para impulsar obras e financiar actividades en Catoira, O Grove e Valga no marco do Plan +Provincia

  29/05/2026

{"classPK":15871984,"groupId":"37861","name":"20260527_luislopez_convenio_iluminacion_concello_pontevedra_restevez_01.jpg","alt":"LUIS LOPEZ INICIO OBRAS EFICIENCIA ENERXETICA PONTEVEDRA CONVENIO CONCELLO PONTEVEDRA","title":"20260527_luislopez_convenio_iluminacion_concello_pontevedra_restevez_01.jpg","type":"document","uuid":"fd7a3ca0-38a9-a071-93ff-a4e73042267a","fileEntryId":"15871984","resourcePrimKey":"15872031"}

Luis López salienta outra obra impulsada pola Deputación “que fai máis cidade” de Pontevedra: 2,3 M€ de fondos provinciais para renovar o alumeado do centro urbano

  27/05/2026

{"classPK":14913165,"groupId":"37861","name":"20260317_luislopezaddendaconveniopontevedra_zonanorte_restevez_05.jpg","alt":" LUIS LOPEZ ASINA ADDENDA CONVENIO CONCELLO PONTEVEDRA ALUMEADO CENTRO URBANO 23M","title":"20260317_luislopezaddendaconveniopontevedra_zonanorte_restevez_05.jpg","type":"document","uuid":"52a21c66-9538-fec9-d7b3-bd40ba675d85","fileEntryId":"14913165","resourcePrimKey":"14913222"}

Luis López asina co Concello de Pontevedra un novo investimento da Deputación na cidade: financiará o 100% do novo alumeado na zona norte da urbe

  17/03/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.