Luisa Sánchez inaugura as instalacións de Master Padel Zenter en Vigo

19/06/2026

Luisa Sánchez inaugura as instalacións de Master Padel Zenter en Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu este venres á inauguración oficial de Master Padel Zenter, o novo complexo deportivo situado en Beade, que amplía a oferta deportiva de Vigo. Durante o acto, a representante provincial na cidade olívica puxo en valor unhas instalacións que contan con once pistas, un aparcadoiro cuberto con capacidade para arredor de 70 vehículos e espazos deseñados para a formación, a competición e a organización de eventos deportivos.

Galerias de imagenes