Luisa Sánchez agradece ás asociacións de xogadores anónimos o acompañamento a afectados e familias cunhas adicións cada vez máis silenciosas e solitarias

03/10/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, agradeceu este venres o traballo que desenvolven a Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (Agaja) e a Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (Fejar) na súa loita contra a ludopatía e outras adiccións, co gallo do congreso que a entidade nacional celebra en Vigo baixo o lema ‘Remando cara a rehabilitación’. A representante provincial participou na inauguración desta cita que cumpre as súas vodas de prata e que servirá de punto de encontro para profesionais e expertos.

Luisa Sánchez enxalzou o labor das asociacións que acompañan a afectados e familias cunhas adiccións que cada vez son máis silenciosas e solitarias por mor do “preocupante aumento” do xogo online e a caída do xogo presencial. Igualmente, salientou o “valor” das testemuñas á hora de contar as súas experiencias.