Luisa Sánchez asiste á conferencia de Carlos García-Galán sobre a futura base lunar da NASA

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á conferencia impartida este xoves polo enxeñeiro español Carlos García-Galán, director executivo do Programa da Base Lunar da NASA. O relatorio, organizado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), reuniu representantes institucionais, académicos e do ámbito científico para coñecer de primeira man os avances dun dos proxectos máis ambiciosos da exploración espacial, centrado no desenvolvemento dunha infraestrutura permanente na Lúa no marco do programa Artemis. Durante a conferencia, García-Galán abordou os retos tecnolóxicos, científicos e loxísticos asociados á futura presenza humana permanente na superficie lunar.

18/06/2026

Galerias de imagenes