Luisa Sánchez entrega os premios do circuíto de baloncesto 3x3 URBAN disputado no porto de Vigo
19/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, presenciou este domingo no porto de Vigo os partidos do circuíto de baloncesto 3x3 URBAN organizado pola Federación Galega de Baloncesto co apoio da institución provincial. Ao longo da competición participaron centos de xogadores e xogadoras de diferentes categorías, desde Minibasket ata Júnior. A vicepresidenta participou na entrega de premios e reiterou o apoio da Deputación de Pontevedra a iniciativas que contribúen a impulsar o deporte base. O circuíto fará a súa próxima para na Estrada (25 e 26 de xullo) e posteriormente recalará en Vilagarcía de Arousa (1 e 2 de agosto).
