Luisa Sánchez asiste en Vigo á proxección do documental de DisCamino ‘A nena que quería correr’
15/05/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres en Vigo á proxección do documental ‘A nena que quería correr’, unha produción promovida pola asociación DisCamino que pon o foco na inclusión e a superación das persoas con discapacidade. O acto reuniu no Centro Cultural San Paio de Navia a persoas vinculadas ao ámbito social e deportivo arredor dun filme que relata a historia de Isabel Moral Rubio, unha muller de 83 anos que superou as secuelas da poliomielite para desenvolver unha vida chea de experiencias e logros persoais e deportivos.
Antes da emisión da peza audiovisual, recordouse a figura de Gerardo Fernández, cofundador de Discamino, que faleceu recentemente e foi nomeado Vigués Distinguido a título póstumo. Luisa Sánchez tivo ocasión de saudar á súa nai e ao seu compañeiro inseparable Javier Pitillas.
